Ah, o cine! Marabilloso arte que custa máis traballo que conseguir que o meu can salga da casa cando chove cun pouquiño de ilusión, crea maxia!
Por fin, fai uns días, o meu equipo e mais eu lanzámonos á aventura. O noso corto, chamado“Xiana y la rana” “Xiana e a ra”, é unha parodia do típico conto de fadas onde a princesa atopa un sapo que, ao besalo, transfórmase nun príncipe.
E estaredes a preguntarvos, quen serán osinsensatos que forman o meu equipo? Pois son Xiana (actriz e produtora), Miguel (actor e axudante de dirección), Hugo (cámara), Alexandre (cámara e editor), Xabier (director artístico) e mais eu, Area (directora e guionista). Tamén contaremos coa axuda doutros actores e actrices para outras escenas das que xa vos irei falando.
Así, un día quedamos a comer e, en canto chegou Luz, puxémonos mans á obra. Na cafetaría de Pepa (a quen queremos dar as gracias dende aquí por deixarnos este espazo!) comezamos a grabar. Ao principio, como somos aínda uns novatos, non sabíamos moi ben como tiñamos que facer as cousas, pero en seguida aprendemos e traballamos á perfección como equipo.Pronto Luz xa sobraba por alí! Que non, Luz, que é broma. NON, POR FAVOR, A ENTRADA NON MA CENSURES.
Tivemos algúns problemas, pois a neveira que había poñíase a facer ruido nos momentos máis inoportunos,ata daban ganas de collela e tirala pola ventá pero polo xeral todo foi como a seda.
Pronto seguiremos rodando e xa vos contarei como nos vai todo. Abur!
Por fin, fai uns días, o meu equipo e mais eu lanzámonos á aventura. O noso corto, chamado
E estaredes a preguntarvos, quen serán os
![]() |
Aquí estamos nós, concentradiños no traballo |
Así, un día quedamos a comer e, en canto chegou Luz, puxémonos mans á obra. Na cafetaría de Pepa (a quen queremos dar as gracias dende aquí por deixarnos este espazo!) comezamos a grabar. Ao principio, como somos aínda uns novatos, non sabíamos moi ben como tiñamos que facer as cousas, pero en seguida aprendemos e traballamos á perfección como equipo.
Tivemos algúns problemas, pois a neveira que había poñíase a facer ruido nos momentos máis inoportunos,
Pronto seguiremos rodando e xa vos contarei como nos vai todo. Abur!
No hay comentarios:
Publicar un comentario