Ola, son o produtor dunha cortametraxe relacionada cunha
operación de corazón, que foi escrito pola miña compañeira Lucía Parcero e foi
votada por toda a clase.
Para poder realizala, necesitamos a colaboración de varios
profesores do centro como son Beatriz (médica), Eugenia (nai de Paula) e
Ángeles Pico (nai de Jhon) para participar como actrices na cortametraxe. Tamén
foinos de gran axuda Antía González (Paula), a nosa compañeira de clase que
actúa como actriz principal; e Christian San Martín (Jhon), alumno de 2ª
Bacharelato.
Necesitamos varios lugares para poder facer a cortametraxe,
que non foron doados de atopar e de decidilos: a casa da miña avoa; ou cuarto
de Antía; a clase de debuxo técnico na que montamos unha padiola de hospital
cunhas sabas e varias mesas; e o laboratorio, que o transformamos nunha
consulta de médico, con varios debuxos e paredes brancas. Para rematar, vou
presentarvos os integrantes do meu grupo: Lucía Parcero (directora), Ana
Paredes (subdirectora), Marta Fernández (cámara e editora) e por último eu,
Samuel Ríos (produtor e iluminación).
Está sendo unha experiencia moi bonita, aínda que máis difícil do que esperabamos, xa que é a primeira vez que facemos un curto e fáisenos complicado, polo que ás veces necesitamos a axuda da nosa profesora de plástica Luz. Aínda así, estamos aprendendo novas cousas e esperamos que a cortametraxe sexa exitosa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario