Etiquetas

sábado, 23 de abril de 2016

Corto 4ºC

O luns desta semana volvemos a gravar para o curto que estamos a realizar algúns alumnos de 4ºC. 
Estivemos na clase de debuxo técnico, a cal convertemos en habitación de hospital poñendo unha mesa que facía de cama e unhas sabas que nós mesmos conseguimos. 
Dámoslle as grazas á profesora Eugenia por estar á nosa disposición á hora de gravar e tamén á nosa compañeira Antía González, que o están facendo moi ben.

O xoves da semana anterior tamén tivemos que gravar, pero neste caso necesitamos ir á casa da miña avoa. Alí, tamén veu a nosa profesora Ángeles Pico á que tamén agradecemos a súa disposición.
Nestes dous días Marta Fernández ocupouse da cámara, Lucía Parcero dirixía, Ana Paredes apuntaba as tomas válidas e colocaba os focos xunto a min, e eu, Samuel Ríos, sacaba as fotos que estou a poñer neste blog e escribía este texto. 

martes, 12 de abril de 2016

Corto 4ºC

Ola, son o produtor dunha cortametraxe relacionada cunha operación de corazón, que foi escrito pola miña compañeira Lucía Parcero e foi votada por toda a clase.

Para poder realizala, necesitamos a colaboración de varios profesores do centro como son Beatriz (médica), Eugenia (nai de Paula) e Ángeles Pico (nai de Jhon) para participar como actrices na cortametraxe. Tamén foinos de gran axuda Antía González (Paula), a nosa compañeira de clase que actúa como actriz principal; e Christian San Martín (Jhon), alumno de 2ª Bacharelato.
Necesitamos varios lugares para poder facer a cortametraxe, que non foron doados de atopar e de decidilos: a casa da miña avoa; ou cuarto de Antía; a clase de debuxo técnico na que montamos unha padiola de hospital cunhas sabas e varias mesas; e o laboratorio, que o transformamos nunha consulta de médico, con varios debuxos e paredes brancas. Para rematar, vou presentarvos os integrantes do meu grupo: Lucía Parcero (directora), Ana Paredes (subdirectora), Marta Fernández (cámara e editora) e por último eu, Samuel Ríos (produtor e iluminación).

Está sendo unha experiencia moi bonita, aínda que máis difícil do que esperabamos, xa que é a primeira vez que facemos un curto e fáisenos complicado, polo que ás veces necesitamos a axuda da nosa profesora de plástica Luz. Aínda así, estamos aprendendo novas cousas e esperamos que a cortametraxe sexa exitosa.

jueves, 7 de abril de 2016

ROTOSCOPIA,Non todas as princesas teñen pelo

Alumnos en pleno proceso de rotoscopia.Un traballo que require de moita paciencia e concentración.



 
Alumnos que participan:Manuel Escudeiro,Iria Portela,Nerea Rosales e Lucía Freire.

miércoles, 2 de marzo de 2016

Descubrindo o país das marabillas

Ola, son a directora dun corto sobre bullying titulado: "Descubrindo o país das marabillas".
Eu e o meu equipo xa levamos dous días de grabación. Na miña opinión dásenos bastante ben isto de grabar, aínda que necesitamos ás veces o asesoramento de Luz.

Os integrantes do meu grupo son: Fran Riobó (cámara), Noemí Santomé (actriz), Diego Camiña (produtor), Inés Camaño (actriz), Iria Trigo (cámara), Juan Tenorio (cámara e editor) e para rematar eu, Lucía Sampedro (directora). Tamén axúdannos enfrontándose ao obxectivo da cámara Nerea Santomé, Noemi Costas e una compañeira directoria, Area Guede, ás que quero agradecérlles a participación neste corto.



Nas grabacións pasámolo bastante ben, aínda que dá moito traballo que todo saia ben. Sobretodo gracias á luz, ao sonido ou ás cousas que molestan de fondo (como o cobertizo do patio, por exemplo). Pero aínda así botamos unhas risas facendo algo que nos gusta.

A MULLER LAMPREA VI

Fai uns días comezamos a grabar o novo corto da Muller Lamprea, escrito por Iria Collazo.
Eu chámome Noa , é son a directora da curta.
O  meu equipo :

  •  Iván - Cámara e axudante de dirección
  • Ruben- Cámara e editor
  • Raquel- Productora e actriz
  • Lia- actriz principal 


O primeiro día de rodaxe quedamos a comer no instituto con Luz, a nosa profe de plástica, quen nos enseñou a manexar o material e revelounos  algúns trucos de vídeo. Tamén precisamos a axuda de Inés, profesora de matemáticas do centro.
O noso primer escenario : a nosa clase de 4ºC.

Para o segundo día de rodaxe utilizamos a casa de Iván onde aprendimos bastantes cousas sobre os tipos de planos e a luz. Foi un traballo laborioso con moitas (MOITAS) tomas falsas e con aínda máis risas.

jueves, 11 de junio de 2015

V curtometraxe da Muller Lamprea - "O ciclo da vida"

Xa fai bastante que non publico nada por aquí, porque andamos moi liadas co estreo do proxecto, que será o vindeiro MÉRCORES 17 de xuño ás 18.00h no noso centro, o IES As Barxas. A este festival de curtos organizado polo departamento de plástica está invitado todo aquel que desexe asistir.

Vou resumir o que fixemos desde a última entrada: seguimos rodando as escenas que faltaban polas tardes, mentres, nas horas de plástica e nalgunhas tardes, parte do equipo quedábase para ir montando todo no ordenador (ensamblar as escenas e a música [que é necesaria para expresar cada sensación, cada sentimento]). Cando xa estaba todo o curto montado o proxectamos, como unha proba no salón de actos para o resto da clase e corriximos pequenos erros.
Para patrocinar o proxecto fixemos carteis, pensamos "gritos de guerra", algo no que crer; e quedou "XUNTAS SOMOS #remuíñovioleta!" (xa sabedes, podedes usar ese hashtag feminista se falades do curto).

Por se alguén non está seguro do que implica a palabra contra a cal loitamos (o machismo) e a que defendemos (o feminismo), vounas explicar brevemente:

  • o machismo é o pensamento de que os homes son superiores en todo soamente por ser homes.
  • o feminismo é a loita para acabar co machismo e conseguir a igualdade entre homes e mulleres. A idea de que as mulleres son superiores ós homes é o chamado feminismo radical.


Así que xa sabedes, estou encantada de convidarvos a mirar o curto que tanto ten de nós, recorda, a V curtometraxe da Muller Lamprea: "O ciclo da vida".


Un saúdo, Sira Martínez.

miércoles, 1 de abril de 2015

Segunda publicación do "V Curtometraxe da Muller Lamprea"


Venres 27/2:

Esta vai ser a segunda entrada que publico no blog sobre o V Corto da Muller Lamprea. Vou a poñer varios días de rodaxe e, aínda que xa pasaron algúns días, mellor tarde ca nunca.
Esta vez reclutamos a dous profesores, Fran Torrado de bioloxía e Gonzalo Mata, de historia; que traballaron moi voluntariosamente ao fresquiño da mañá para que puidésemos rodar a nosa escena. Necesitamos unha escaleira e algunhas ferramentas. Fran debía estar algo aburrido pois púxose a dar toqueciños co martelo na parede da cafetaría, os reunidos alí dentro non tiñan nin a menor idea de que era o que pasaba ata que unha profesora descubriu que estábamos rodando.


 A seguinte rodaxe foi o luns (2/3/15). Empregamos parte das 3ª e 5ª horas e parte do recreo. Tardamos moito porque necesitábamos máis de vinte persoas e non é doado coordinar a todas, ademais hai moitas probabilidades de que erre algún. Entre os nosos actores e actrices atopábanse alumnos de 1º e 4º da ESO e de 1º de bacharelato. Tamén houbo moitas risas e miradas incrédulas durante o recreo.


O mércores (4/3): este día a rodaxe non foi fácil, pois non tiñamos moito tempo, empero debíamos gravar varias tomas en distintos sitios con mestres do instituto.
Primeiramente fomos a unha tenda situada fronte a igrexa de Moaña, a súa dona foi moi amable e fixo todo o que puido por axudarnos. Tivemos que reorganizar a parte central do local e acender todas as luces. Houbo algún que outro problema coa luz, pois a tenda era lóbrega, pero o sol estaba baixo e os seus raios incidían intensamente nalgunhas partes do interior.
As actrices foron: Beatriz Sixto (profesora de matemáticas) e María.
Tirando cara ó final unha de nós tivo que ir ó centro de saúde, o noso próximo escenario por se chegaban os outros actores. Para conseguir o permiso de rodar alí, María (a nosa produtora) tivera que ir varias veces e falar cos encargados. Deixáranos unha sala de consulta á nosa disposición.
Nesta escena participaron Beatriz, Neves Rodríguez (prof. de linguas), Juan Pérez (de relixión) e un pequeno bebé de tres meses chamado Adrián.
Á gravación asistiron os pais e a irmá deste último por se necesitabamos axuda, como así foi, pois o neno choraba ás veces.
Algunhas integrantes do grupo debimos irnos un pouco antes de rematar.



O luns día nove gravamos outro anuncio, este era máis da época do verán, e menos mal que fixo bo tempo...
Actuaron dous nenos de primeiro da ESO e o profesor de atletismo Roberto Fraga, como escenario empregamos o lugar onde aparcan os autobuses a carón do instituto. Direi que o profesor quedou empapado, pero xa estaba avisado...